Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2021

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Imaxe
  Este primeiro Luns de Serie B de agosto traémosvos un clásico da ciencia ficción estadounidense, "Planeta Prohibido" (Forbbiden Planet, Fred M. Wilcox). Do ano 1956, "Planeta Prohibido" supón a primeira superproducción da historia de ciencia ficción, cun presuposto de case 2 millóns de dólares da época. Protagonizada por Walter Pidgeon, Anne Francis, Frankie Darro e un xovencísimo Leslie Nielsen, a trama do film baséase na obra "La Tempestad" de William Shakespeare... levada ao terreo da sci-fi, claro. Nela, unha nave espacial viaxa ao planeta Altair IV no século XXIII para investigar o sucedido cunha expedición enviada anos atrás. Ao chegar, o comandante e a tripulación son recibidos por un robot que os leva ante o Dr. Morbius, científico da expedición orixinal. Únicamente él e a súa filla Altaira sobreviviron ao ataque dunha misteriosa "forza planetaria"... O film, pioneiro en diferentes aspectos e tramas da sci-fi, coma os viaxes espac

Luns de Serie B: Plan 9 del espacio exterior - 19/07/2021

Imaxe
  Benvidos a un novo luns de Serie B... hoxe non vos defraudaremos!! Chegou o momento de falar da "Peor Película da Historia", así, en maiúsculas: "Plan 9 del espacio exterior" (Plan 9 from Outer Space, 1957), dirixida por Edward Davis Wood Jr, ou coma sempre será recordado, Ed Wood. Antes de falar das virtudes (e moitos, moitos, moitos defectos) do film, vos propoñemos a sinopse: unha parella múdase a unha casa preto dun cemiterio, no que axiña serán testigos de fenómenos estranos. ¿O motivo?, unha raza alieníxena pretende invadir o planeta Terra usando o plan 9: a resurreción dos mortos para formar un exército. A parella, a policía e o exército tratarán de impedilo. Cando acabedes de rir continuamos. Ben, situémonos. Son os anos 50, e a febre pola ciencia ficción e o terror fan que moitos films do xénero convírtanse en éxitos de taquilla. Ed Wood, que leva anos dirixindo películas de baixísimo presuposto e calidade (a denominada Serie Z, xa podedes imaxina

Luns de Serie B: Hace un millón de años - 12/07/2021

Imaxe
  Benvidas ao Luns de Serie B!! Hoxe temos un plan prehistórico!! Producida pola Hamner en 1966, "Hace un millón de años" (One Million Years B.C. , Don Chaffey) é considerada unha rara avis dentro do catálogo de terror da productora británica, sendo un gran éxito comercial e inaugurando o subxénero de aventura prehistórica que tantas alegrías deu aos afeccionados aos dinosauros da época. Esta delirante aventura que mezclaba sen miramentos (nin rigor científico) seres humanos primitivos coas bestias prehistóricas, decantábase pola fantasía para propoñer ao espectador puro cine de entretemento, sen máis obxecto que asombralo coas novas creacións do mestre dos efectos especiais Ray Harryhausen. Hoxe en día, o emprego abusivo de CGI só fai que apreciemos máis as criaturas de Harryhausen, vivas e dinámicas, imperfectas, pero cheas de maxia e beleza. Como dicíamos antes, non pode calificarse doutro xeito que delirante a trama que nos presenta o film: o clan humano da Rocha,

Luns de Serie B: Los ojos sin rostro - 05/07/2021

Imaxe
  Primeiro Luns de serie B de xullo!! Hoxe presentamos unha obra mestra do cinema francés, un film incomprendido na súa época e que aínda hoxe continúa xerando debate entre os novos espectadores. "Los ojos sin rostro" (Les yeux sans visage, 1962) conta a historia de Christiane, unha moza que tras un accidente de tráfico queda terriblemente desfigurada, obrigada a levar unha máscara que oculte a súa faciana. O seu pai, un prestixioso ciruxán, fará todo o posible por devolver a beleza ao seu rostro... chegando a secuestrar e asasinar a outras mozas para transplantarlle a súa pel. O director, Georges Franju, transforma un típico argumento de serie B nunha escura e retorcida fábula, tildada na súa estrea de nauseabunda ou noxenta. Enmarcada no xénero do terror, a película posúe esceas de gran tensión e violencia, aínda que o seu gran valor reside no plantexamento e na estética do film. Director realista e de forte compromiso social, Franju quería que a súa película amosase

Luns de Serie B: The Rocky Horror Picture Show - 28/06/2021

Imaxe
  Novo luns de Serie B queridos frikis! Neste derradeiro e vindicativo luns de xuño, escollemos o... musical?... comedia?... película de terror? definitiva. "The Rocky Horror Picture Show" (Jim Sharman, 1975) é puro espectáculo e desfrute. Un auténtico tributo humorístico e musical ás películas de terror e ciencia ficción de Serie B. Nela, unha parella recén prometida vése obrigada a pasar a noite na mansión do Dr. Frank-N-Furter trala avaría do seu coche. Alí asistirán a unha reunión con motivo da derradeira creación do doutor, a criatura Rocky Horror, o home perfecto, cuio medio cerebro pertencía a un delincuente xuvenil. Protagonizada por Richard O' Brien, Susan Sarandon, Tim Curry, Meat Loaf e Patricia Quinn, o film adapta o musical para teatro de igual nome, composto polo mesmo Richard O' Brien, que segue representándose con gran éxito por todo o mundo. Tras máis de 45 anos, o film desfruta do status de película de culto, e cada proxección hoxe en día c

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Imaxe
  Benvidas e benvidos á nosa proposta para comezar a semana do mellor xeito posible… Os luns de Serie B son menos luns!! Hoxe, sen movernos da década dos 50 (canto e bó hai nela para a serie B), sí que viaxaremos a un novo país para traervos unha das películas que ten a honra de inaugurar un xénero propio… e dos nosos favoritos ademáis!! Se dicimos “Japón bajo el terror del monstruo” (Gojira, 1954, Ishirô Honda) lóxicamente moitos saberedes de qué falamos… pero se gritamos: GODZILLA!! todo o mundo sabe que está a piques de presenciar unha titánica loita na que medio Xapón (ou EE.UU. últimamente) veráse arrasado pola loita entre monstros xigantes, e na que moi pouca xente morrerá. Deixando de lado polo momento a vertiente irónica do lagarto radioactivo máis querido polos fans de medio mundo, o film que nos ocupa supuxo tal impacto na cinematografía xaponesa e mundial que, a piques de cumprir 70 anos, non deixan de estrearse novas películas protagonizadas por Godzilla e demáis faun

Luns de Serie B: El enigma de otro mundo - 14/06/2021

Imaxe
  Hoxe é luns, e iso só significa unha cousa… Luns de Serie B!! A película que nos ocupa hoxe é, nada máis e nada menos, un dos filmes máis importantes da historia da ciencia ficción, por motivos que vos daremos a coñecer de seguido… pero antes, un pouco de historia. Primeira adaptación do relato curto de John W. Campbell “Who goes there?”, do que hai uns anos atopouse novo material inédito que aumenta o relato, chega na década dos 50 “El enigma de otro mundo” (The thing from another world, 1951, Christian Nyby), producida por Howard Hawks… e según algunhas versións o verdadeiro director da cinta. Nesta historia, o hachazgo dunha nave alieníxena no Polo Norte e a súa destrucción desencadea o terror en forma dun ser que se nutre dos seres vivos ao seu redor para sobrevivir… ¿Polo Norte, alieníxenas…? Sabemos que vos soa de sobras grazas á marabillosa obra mestra de John Carpenter, “La Cosa” (The Thing, 1982)… que é a segunda adaptación do relato escrito por Campbell en 1938. Sí,

Luns de Serie B: La mujer pantera - 07/06/2021

Imaxe
  Benvidas e benvidos a un novo luns de Serie B Hoxe falaremos dun dos nosos directores favoritos do xénero fantástico, un auténtico artesán do cinema que conseguía aumentar de xeito considerable o interese e a calidade das suás películas: Jacques Tourneur. Durante a década dos 40 e os 50, Tourneur realizou algunhas das películas máis importantes do xénero fantástico, pero tamén destacou no cine negro ou de aventuras. Magnífico creador de atmósferas, nos seus films en blanco e negro destaca o aspecto estético e psicolóxico, a forma de suxerir e non amosar para aumentar o suspense e a súa capacidade para crear películas cun gran empaque visual a pesar de contar con pequenos presupostos. Nas súa filmografía atopamos clásicos coma "Yo anduve con un zombie" (1943), "Retorno al pasado" (1947), "El halcón y la flecha" (1950) o "La noche del demonio" (1958). "La mujer pantera" (1942), o film que nos ocupa hoxe, está considerado un clásic

Luns de Serie B: Freaks, la parada de los monstruos - 31/05/2021

Imaxe
  Hoxe no luns de Serie B traémosvos unha das máis importantes películas da Historia do Cine: "Freaks, la parada de los monstruos" (Tod Browning, 1932). Tras dirixir "Dracula" con Bela Lugosi en 1931, a MGM contratou a Browning para rodar unha longametraxe sobre os circos de fenómenos e as persoas que se gañan a vida neles, consideradas pouco máis ca monstros (os "freaks" do título). Por vez primeira, serían os auténticos fenómenos de circo quenes actuarían nas persoaxes principais, facendo moitos deles de sí mesmos (as siamesas Hilton, os ananos Harry e Daisy Earles, a muller sen brazos Frances O' Connor, o medio-home Johnny Eck, a serpe humana Prince Radian...), causando un gran escándalo na rodaxe da época. Trala súa estrea e sonoro fracaso crítico e público, o film chegou a estar censurado en EE.UU. durante máis de 30 anos, converténdose nunha película lexendaria e de culto. O film conta a historia do circo liderado por Hans, un home anano qu

Ponencia: "A exhibición cinematográfica na Terra de Transancos trala chegada de Lauren Cinemas" por Constantino Sambade e Juan García

Imaxe
  O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu a ponencia “A exhibición cinematográfica na Terra de Trasancos trala chegada de Lauren Cinemas. Presente e futuro da mesma”, na que colabora o Concello de Narón e o Cineclube Serie B. Interviron o xerente de Odeón Multicines Narón, Constantino Sambade, e o subxerente e xefe técnico, Juan García, quenes explicaron a chegada dos multicines a Narón, a súa conversión en diferentes empresas ata chegar á actual Odeón Multicines (cadena con máis de 13 multicines por toda España), así coma as diferentes técnicas de proxección e a evolución da proxección cinematográfica nos derradeiros anos co auxe do dixital. Esta iniciativa foi impulsada por Benjamín Hermida, comisario da mostra “Os cines perdidos de Narón” e autor do libro do mesmo nome, e o Cineclube Serie B, do que Benjamín é Vicepresidente.

Luns de Serie B: La humanidad en peligro - 24/05/2021

Imaxe
  Formigas xigantes!! Hoxe, o noso luns de Serie B vése invadido polos insectos de "La humanidad en peligro" (Them!, 1954), dirixida por Gordon Douglas e protagonizada por James Whitmore, Edmund Gwenn, Joan Weldon, James Arness e un novísimo Leonard Nimoy. Un dos filmes máis recordados da ciencia ficción dos anos 50, a cinta que nos ocupa enmárcase na corrente de películas que falaban dos perigos da experimentación coa bomba de hidróxeno e as probas atómicas, imaxinando consecuencias tales coma a mutación monstruosa de animais ou insectos. Deste xeito, e durante apenas 90 minutos, a película non soamente ensínanos moitas cousas sobre as formigas (e por qué non é boa idea deixar que se transformen en monstros xigantes), senón que tamén expón outros medos da sociedade norteamericana da época. A película comeza co descubrimento no deserto dunhas estranas pegadas e un cadáver repleto de ácido fórmico, ademáis doutras desaparicións en estranas circunstancias. A investigación

Luns de Serie B: La Tierra contra los platillos volantes - 17/05/2021

Imaxe
  Hoxe, nas nosas recomendacións de Luns de Serie B, recuperamos un dos clásicos da ciencia ficción dos anos 50: "A Terra contra os platillos voantes" (Earth vs the Flying Saucers, Fred F. Sears, 1956). O doutor Marvin dirixe unha operación que envía cohetes á atmósfera para probas de futuros voos espaciais. Sen embargo, estos son interceptados por unha civilización alieníxena que inicia un ataque sobre varias cidades na Terra... O doutor Marvin e a súa esposa Carol deberán atopar a forma de detelos antes de que sexa demasiado tarde. Protagonizada por Hugh Marlowe y Joan Taylor, e con secundarios coma Donald Curtis ou Morris Ankrum, o film é recordado sobre todo polos efectos especiais do mestre Ray Harryhausen, xenio do stop-motion, nunha das súas primeiras películas. Para recrear as naves alieníxenas, Harryhausen construiu sete platillos de diferentes tamaños (entre 30 e 8 cm) que formaron o "exército" que vemos na película. Considerada un dos máximos expone

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso

Imaxe
Imaxes da primeira das ponencias sobre cine organizadas polo Cineclube Serie B con motivo da exposición "Os Cines Perdidos de Narón", impartida pola Secretaria do mesmo, Anabel Valera Formoso, Deseñadora Industrial e de producto que desenvolve a sua carreira no deseño gráfico e editorial, o 19 de maio no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón. "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" é unha interesante explicación sobre cómo, máis alá do guión ou as actuacións nunha película, a forma en que está rodada, os planos, a banda sonora ou a montaxe, inflúen nos sentimentos transmitidos ou provocados nos espectadores. Durante case unha hora e acompañada de soporte visual con esceas de filmes que representan á perfección o expricado, percorremos e descubrimos de xeito ameno e interesante os diferentes tipos de planos e características que fan que moitas películas acaben formando parte de nós.

Luns de Serie B: El increíble hombre menguante - 10/05/2021

Imaxe
  A nosa recomendación de hoxe é un dos grandes clásicos da Serie B, e unha auténtica xoia da ciencia ficción: "El increíble hombre menguante" (The Incredible Shrinking Man, Jack Arnold, 1957), baseado no relato homónimo de Richard Matheson, guionista tamén do filme. Scott Carey (Grant Williams) está a pasar ás vacacións ca súa muller, Louisa (Randy Stuart), desfrutando dun día de lecer navegando nun yate. Cando Louisa vai buscar unhas cervexas, él vese envolto por unha estraña nube radiactiva. Tras o incidente, Scott comeza a notar cambios inquietantes no seu corpo: está a perder peso e estatura ata converterse en case invisible. Así comeza unha aventura na cal o esceario cotidiano convértese nun pesadelo plagado cun sinfín de perigos. Un gato, unha araña ou o obstáculo insalvable dunhas escaleiras obligarán ao protagonista a utilizar o seu inxenio en favor da propia supervivencia. Un filme esencial, con efectos especiais asombrosos para a época, que reflexiona sobre a impre