Luns de Serie B: La mujer pantera - 07/06/2021

 




Benvidas e benvidos a un novo luns de Serie B

Hoxe falaremos dun dos nosos directores favoritos do xénero fantástico, un auténtico artesán do cinema que conseguía aumentar de xeito considerable o interese e a calidade das suás películas: Jacques Tourneur.

Durante a década dos 40 e os 50, Tourneur realizou algunhas das películas máis importantes do xénero fantástico, pero tamén destacou no cine negro ou de aventuras. Magnífico creador de atmósferas, nos seus films en blanco e negro destaca o aspecto estético e psicolóxico, a forma de suxerir e non amosar para aumentar o suspense e a súa capacidade para crear películas cun gran empaque visual a pesar de contar con pequenos presupostos. Nas súa filmografía atopamos clásicos coma "Yo anduve con un zombie" (1943), "Retorno al pasado" (1947), "El halcón y la flecha" (1950) o "La noche del demonio" (1958).

"La mujer pantera" (1942), o film que nos ocupa hoxe, está considerado un clásico do cine de suspense e terror, herdeiro das películas de terror dos anos 30 da Universal, pero cunha forte carga lírica estilizada, centrando o suspense no que os espectadores non vemos, pero sí percibimos.

Protagonizada por unha belísima Simone Simon no papel principal, e acompañada por Kent Smith, Jane Randolph, Tom Conway e Elizabeth Russel, o film narra a historia de Irina, unha muller serbia que vive en Nueva York atormentada por unha lenda do seu país natal sobre persoas que se converten en pantera por unha maldición. Preocupado, o seu marido Oliver fai que visite a un psiquiatra, ademáis de comentar o seu caso cunha compañeira de traballo, o que fai que Irina síntase intimidada e celosa, e provocando un desenlace fatal e inesperado...

Coma curiosidade, nos anos 80 o guionista de "Taxi Driver", Paul Schrader, dirixiu e guionizou un remake protagonizado por Nastassja Kinski, "El beso de la pantera" (1982), que cargaba as tintas na empoderación feminina e sexual da persoaxe. Se vos animades, desfrutaredes dun sensacional programa dobre!!

Ata o vindeiro luns, véde moito cine!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso