Luns de Serie B: La humanidad en peligro - 24/05/2021

 




Formigas xigantes!!

Hoxe, o noso luns de Serie B vése invadido polos insectos de "La humanidad en peligro" (Them!, 1954), dirixida por Gordon Douglas e protagonizada por James Whitmore, Edmund Gwenn, Joan Weldon, James Arness e un novísimo Leonard Nimoy.

Un dos filmes máis recordados da ciencia ficción dos anos 50, a cinta que nos ocupa enmárcase na corrente de películas que falaban dos perigos da experimentación coa bomba de hidróxeno e as probas atómicas, imaxinando consecuencias tales coma a mutación monstruosa de animais ou insectos. Deste xeito, e durante apenas 90 minutos, a película non soamente ensínanos moitas cousas sobre as formigas (e por qué non é boa idea deixar que se transformen en monstros xigantes), senón que tamén expón outros medos da sociedade norteamericana da época.

A película comeza co descubrimento no deserto dunhas estranas pegadas e un cadáver repleto de ácido fórmico, ademáis doutras desaparicións en estranas circunstancias. A investigación policial, á que se suma o FBI, dota dun carácter máis adulto á historia, e cando descubren que as pegadas pertencen a algún tipo de formiga de tamaño xigantesco, as autoridades deben traballar codo con codo cun reputado científico e a súa filla. Estes descobren que existe unha colonia de formigas que mutaron dun xeito monstruoso a causa das probas atómicas realizadas no deserto anos atrás, e que deben ser destruídas ante o risco de que se reproduzan e se expandan polo país e o mundo.

A cinta é unha mostra do bó facer da sci-fi americana na década, con moitas virtudes tanto no guión como na realización: a importancia dos científicos fronte aos militares, a revalorización da figura femenina, a decisión de manter o suspense non mostrando aos monstros de inicio, os respetables efectos especiais artesanais... Todo bén!!

Ademáis, se sodes fans da saga Alien, encontraredes un chamativo precedente neste film que vos recordará a "Aliens, el regreso" sen ningunha dúbida. Vémonos o vindeiro luns!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso