Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso




Imaxes da primeira das ponencias sobre cine organizadas polo Cineclube Serie B con motivo da exposición "Os Cines Perdidos de Narón", impartida pola Secretaria do mesmo, Anabel Valera Formoso, Deseñadora Industrial e de producto que desenvolve a sua carreira no deseño gráfico e editorial, o 19 de maio no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón.

"A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" é unha interesante explicación sobre cómo, máis alá do guión ou as actuacións nunha película, a forma en que está rodada, os planos, a banda sonora ou a montaxe, inflúen nos sentimentos transmitidos ou provocados nos espectadores.

Durante case unha hora e acompañada de soporte visual con esceas de filmes que representan á perfección o expricado, percorremos e descubrimos de xeito ameno e interesante os diferentes tipos de planos e características que fan que moitas películas acaben formando parte de nós.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021