Luns de Serie B: El increíble hombre menguante - 10/05/2021

 






A nosa recomendación de hoxe é un dos grandes clásicos da Serie B, e unha auténtica xoia da ciencia ficción: "El increíble hombre menguante" (The Incredible Shrinking Man, Jack Arnold, 1957), baseado no relato homónimo de Richard Matheson, guionista tamén do filme.

Scott Carey (Grant Williams) está a pasar ás vacacións ca súa muller, Louisa (Randy Stuart), desfrutando dun día de lecer navegando nun yate. Cando Louisa vai buscar unhas cervexas, él vese envolto por unha estraña nube radiactiva. Tras o incidente, Scott comeza a notar cambios inquietantes no seu corpo: está a perder peso e estatura ata converterse en case invisible. Así comeza unha aventura na cal o esceario cotidiano convértese nun pesadelo plagado cun sinfín de perigos. Un gato, unha araña ou o obstáculo insalvable dunhas escaleiras obligarán ao protagonista a utilizar o seu inxenio en favor da propia supervivencia.

Un filme esencial, con efectos especiais asombrosos para a época, que reflexiona sobre a imprescindible pregunta que todo ser humano se fai ante a adversidade: ¿Quén son? Adaptándose a súa nova realidade, Scott Carey tratará de sobrevivir con todas as súas forzas.

81 minutos de ciencia ficción en estado puro, "El increíble hombre menguante" é un clásico atemporal e unha película de culto.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso