Luns de Serie B: El enigma de otro mundo - 14/06/2021

 




Hoxe é luns, e iso só significa unha cousa… Luns de Serie B!!

A película que nos ocupa hoxe é, nada máis e nada menos, un dos filmes máis importantes da historia da ciencia ficción, por motivos que vos daremos a coñecer de seguido… pero antes, un pouco de historia.

Primeira adaptación do relato curto de John W. Campbell “Who goes there?”, do que hai uns anos atopouse novo material inédito que aumenta o relato, chega na década dos 50 “El enigma de otro mundo” (The thing from another world, 1951, Christian Nyby), producida por Howard Hawks… e según algunhas versións o verdadeiro director da cinta.

Nesta historia, o hachazgo dunha nave alieníxena no Polo Norte e a súa destrucción desencadea o terror en forma dun ser que se nutre dos seres vivos ao seu redor para sobrevivir… ¿Polo Norte, alieníxenas…? Sabemos que vos soa de sobras grazas á marabillosa obra mestra de John Carpenter, “La Cosa” (The Thing, 1982)… que é a segunda adaptación do relato escrito por Campbell en 1938.

Sí, queridos frikis da serie B, este relato curto deu para dúas películas perfectas, que se complementan adoptando diferentes tonos para contar o mesmo… a loita do ser humano contra un inimigo terrible, nunhas condicións extremas, e onde o horror que experimentan pode facernos perder a cabeza. Noutro momento falaremos largo e tendido sobre o film de Carpenter, pero hoxe centrarémonos na versión de Hawks sobre o tema.

E sí, dicimos versión de Hawks porque, sexa polo seu cargo coma productor ou a súa rumoreada dirección, toda a película desprende as características típicas do seu cine: un ritmo endiañado que nunca decae, diálogos axilísimos entre varias persoaxes (que explican e fan avanzar a historia), o grupo de persoas encerradas nun lugar e ameazadas por un entorno hostil, a notas de humor e camaradería no grupo de homes…

A película rezuma tensión, perigo e aventura, e aínda que hoxe en día poida resultarnos inxenua, intúese claramente o potencial que Carpenter vía nela para rodar unha versión moito más terrorífica (pero moito, moito), sen deixar nunca de lado o espírito e as cualidades que resaltábamos antes.

Protagonizada por Kenneth Tobey, James Arness, Robert O. Cornthwaite y Margaret Sheridan, “El enigma de otro mundo” é a clásica producción de serie B de baixo presuposto, pero chea de ideas e acertos que a convertiron nun clásico có paso do tempo. Non deixedes de acudir a ela para pasar un bó rato, e descubriredes cánto bebe a versión do mestro Carpenter (e outras das súas películas) do cine de Howard Hawks… xenios homenaxeando xenios.

Longa vida á serie B!! Agardámosvos o vindeiro luns!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso