Publicacións

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Imaxe
  Este primeiro Luns de Serie B de agosto traémosvos un clásico da ciencia ficción estadounidense, "Planeta Prohibido" (Forbbiden Planet, Fred M. Wilcox). Do ano 1956, "Planeta Prohibido" supón a primeira superproducción da historia de ciencia ficción, cun presuposto de case 2 millóns de dólares da época. Protagonizada por Walter Pidgeon, Anne Francis, Frankie Darro e un xovencísimo Leslie Nielsen, a trama do film baséase na obra "La Tempestad" de William Shakespeare... levada ao terreo da sci-fi, claro. Nela, unha nave espacial viaxa ao planeta Altair IV no século XXIII para investigar o sucedido cunha expedición enviada anos atrás. Ao chegar, o comandante e a tripulación son recibidos por un robot que os leva ante o Dr. Morbius, científico da expedición orixinal. Únicamente él e a súa filla Altaira sobreviviron ao ataque dunha misteriosa "forza planetaria"... O film, pioneiro en diferentes aspectos e tramas da sci-fi, coma os viaxes espac

Luns de Serie B: Plan 9 del espacio exterior - 19/07/2021

Imaxe
  Benvidos a un novo luns de Serie B... hoxe non vos defraudaremos!! Chegou o momento de falar da "Peor Película da Historia", así, en maiúsculas: "Plan 9 del espacio exterior" (Plan 9 from Outer Space, 1957), dirixida por Edward Davis Wood Jr, ou coma sempre será recordado, Ed Wood. Antes de falar das virtudes (e moitos, moitos, moitos defectos) do film, vos propoñemos a sinopse: unha parella múdase a unha casa preto dun cemiterio, no que axiña serán testigos de fenómenos estranos. ¿O motivo?, unha raza alieníxena pretende invadir o planeta Terra usando o plan 9: a resurreción dos mortos para formar un exército. A parella, a policía e o exército tratarán de impedilo. Cando acabedes de rir continuamos. Ben, situémonos. Son os anos 50, e a febre pola ciencia ficción e o terror fan que moitos films do xénero convírtanse en éxitos de taquilla. Ed Wood, que leva anos dirixindo películas de baixísimo presuposto e calidade (a denominada Serie Z, xa podedes imaxina

Luns de Serie B: Hace un millón de años - 12/07/2021

Imaxe
  Benvidas ao Luns de Serie B!! Hoxe temos un plan prehistórico!! Producida pola Hamner en 1966, "Hace un millón de años" (One Million Years B.C. , Don Chaffey) é considerada unha rara avis dentro do catálogo de terror da productora británica, sendo un gran éxito comercial e inaugurando o subxénero de aventura prehistórica que tantas alegrías deu aos afeccionados aos dinosauros da época. Esta delirante aventura que mezclaba sen miramentos (nin rigor científico) seres humanos primitivos coas bestias prehistóricas, decantábase pola fantasía para propoñer ao espectador puro cine de entretemento, sen máis obxecto que asombralo coas novas creacións do mestre dos efectos especiais Ray Harryhausen. Hoxe en día, o emprego abusivo de CGI só fai que apreciemos máis as criaturas de Harryhausen, vivas e dinámicas, imperfectas, pero cheas de maxia e beleza. Como dicíamos antes, non pode calificarse doutro xeito que delirante a trama que nos presenta o film: o clan humano da Rocha,

Luns de Serie B: Los ojos sin rostro - 05/07/2021

Imaxe
  Primeiro Luns de serie B de xullo!! Hoxe presentamos unha obra mestra do cinema francés, un film incomprendido na súa época e que aínda hoxe continúa xerando debate entre os novos espectadores. "Los ojos sin rostro" (Les yeux sans visage, 1962) conta a historia de Christiane, unha moza que tras un accidente de tráfico queda terriblemente desfigurada, obrigada a levar unha máscara que oculte a súa faciana. O seu pai, un prestixioso ciruxán, fará todo o posible por devolver a beleza ao seu rostro... chegando a secuestrar e asasinar a outras mozas para transplantarlle a súa pel. O director, Georges Franju, transforma un típico argumento de serie B nunha escura e retorcida fábula, tildada na súa estrea de nauseabunda ou noxenta. Enmarcada no xénero do terror, a película posúe esceas de gran tensión e violencia, aínda que o seu gran valor reside no plantexamento e na estética do film. Director realista e de forte compromiso social, Franju quería que a súa película amosase

Luns de Serie B: The Rocky Horror Picture Show - 28/06/2021

Imaxe
  Novo luns de Serie B queridos frikis! Neste derradeiro e vindicativo luns de xuño, escollemos o... musical?... comedia?... película de terror? definitiva. "The Rocky Horror Picture Show" (Jim Sharman, 1975) é puro espectáculo e desfrute. Un auténtico tributo humorístico e musical ás películas de terror e ciencia ficción de Serie B. Nela, unha parella recén prometida vése obrigada a pasar a noite na mansión do Dr. Frank-N-Furter trala avaría do seu coche. Alí asistirán a unha reunión con motivo da derradeira creación do doutor, a criatura Rocky Horror, o home perfecto, cuio medio cerebro pertencía a un delincuente xuvenil. Protagonizada por Richard O' Brien, Susan Sarandon, Tim Curry, Meat Loaf e Patricia Quinn, o film adapta o musical para teatro de igual nome, composto polo mesmo Richard O' Brien, que segue representándose con gran éxito por todo o mundo. Tras máis de 45 anos, o film desfruta do status de película de culto, e cada proxección hoxe en día c

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Imaxe
  Benvidas e benvidos á nosa proposta para comezar a semana do mellor xeito posible… Os luns de Serie B son menos luns!! Hoxe, sen movernos da década dos 50 (canto e bó hai nela para a serie B), sí que viaxaremos a un novo país para traervos unha das películas que ten a honra de inaugurar un xénero propio… e dos nosos favoritos ademáis!! Se dicimos “Japón bajo el terror del monstruo” (Gojira, 1954, Ishirô Honda) lóxicamente moitos saberedes de qué falamos… pero se gritamos: GODZILLA!! todo o mundo sabe que está a piques de presenciar unha titánica loita na que medio Xapón (ou EE.UU. últimamente) veráse arrasado pola loita entre monstros xigantes, e na que moi pouca xente morrerá. Deixando de lado polo momento a vertiente irónica do lagarto radioactivo máis querido polos fans de medio mundo, o film que nos ocupa supuxo tal impacto na cinematografía xaponesa e mundial que, a piques de cumprir 70 anos, non deixan de estrearse novas películas protagonizadas por Godzilla e demáis faun

Luns de Serie B: El enigma de otro mundo - 14/06/2021

Imaxe
  Hoxe é luns, e iso só significa unha cousa… Luns de Serie B!! A película que nos ocupa hoxe é, nada máis e nada menos, un dos filmes máis importantes da historia da ciencia ficción, por motivos que vos daremos a coñecer de seguido… pero antes, un pouco de historia. Primeira adaptación do relato curto de John W. Campbell “Who goes there?”, do que hai uns anos atopouse novo material inédito que aumenta o relato, chega na década dos 50 “El enigma de otro mundo” (The thing from another world, 1951, Christian Nyby), producida por Howard Hawks… e según algunhas versións o verdadeiro director da cinta. Nesta historia, o hachazgo dunha nave alieníxena no Polo Norte e a súa destrucción desencadea o terror en forma dun ser que se nutre dos seres vivos ao seu redor para sobrevivir… ¿Polo Norte, alieníxenas…? Sabemos que vos soa de sobras grazas á marabillosa obra mestra de John Carpenter, “La Cosa” (The Thing, 1982)… que é a segunda adaptación do relato escrito por Campbell en 1938. Sí,