Ponencia: "A exhibición cinematográfica na Terra de Transancos trala chegada de Lauren Cinemas" por Constantino Sambade e Juan García

 




O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu a ponencia “A exhibición cinematográfica na Terra de Trasancos trala chegada de Lauren Cinemas. Presente e futuro da mesma”, na que colabora o Concello de Narón e o Cineclube Serie B.

Interviron o xerente de Odeón Multicines Narón, Constantino Sambade, e o subxerente e xefe técnico, Juan García, quenes explicaron a chegada dos multicines a Narón, a súa conversión en diferentes empresas ata chegar á actual Odeón Multicines (cadena con máis de 13 multicines por toda España), así coma as diferentes técnicas de proxección e a evolución da proxección cinematográfica nos derradeiros anos co auxe do dixital.

Esta iniciativa foi impulsada por Benjamín Hermida, comisario da mostra “Os cines perdidos de Narón” e autor do libro do mesmo nome, e o Cineclube Serie B, do que Benjamín é Vicepresidente.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso