Luns de Serie B: Los ojos sin rostro - 05/07/2021

 




Primeiro Luns de serie B de xullo!!

Hoxe presentamos unha obra mestra do cinema francés, un film incomprendido na súa época e que aínda hoxe continúa xerando debate entre os novos espectadores.

"Los ojos sin rostro" (Les yeux sans visage, 1962) conta a historia de Christiane, unha moza que tras un accidente de tráfico queda terriblemente desfigurada, obrigada a levar unha máscara que oculte a súa faciana. O seu pai, un prestixioso ciruxán, fará todo o posible por devolver a beleza ao seu rostro... chegando a secuestrar e asasinar a outras mozas para transplantarlle a súa pel.

O director, Georges Franju, transforma un típico argumento de serie B nunha escura e retorcida fábula, tildada na súa estrea de nauseabunda ou noxenta. Enmarcada no xénero do terror, a película posúe esceas de gran tensión e violencia, aínda que o seu gran valor reside no plantexamento e na estética do film. Director realista e de forte compromiso social, Franju quería que a súa película amosase a angustia dun xeito máis subxacente e interno.

Mediados os anos 80 foi obxecto de revisión e recuperación, e a súa influencia vai dende films tan dispares coma "La noche de Halloween" (John Carpenter, 1978) ata "La piel que habito" (Pedro Almodóvar, 2011).

"Los ojos sin rostro" combina fantasía e realismo, beleza e dor, tenrura e brutalidade... alcanzando un equilibrio perfecto entre o lírico e o siniestro, grazas a unha fotografía en branco e negro deudora do expresionismo alemán.

Protagonizada por Edith Scob, Pierre Brasseur e Alida Valli, a película lévanos da mán polo drama máis intimista, polo policíaco e polo terror... A través da máscara inexpresiva da protagonista, os seus ollos son os nosos, e observamos todo ao seu redor có mesmo pavor e compasión que ela.

Podedes atopala en versión orixinal con subtítulos en castelán en Amazon Prime Video. Esperamos que vos guste tanto coma a nós!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso