Luns de Serie B: The Rocky Horror Picture Show - 28/06/2021

 




Novo luns de Serie B queridos frikis!

Neste derradeiro e vindicativo luns de xuño, escollemos o... musical?... comedia?... película de terror? definitiva.

"The Rocky Horror Picture Show" (Jim Sharman, 1975) é puro espectáculo e desfrute. Un auténtico tributo humorístico e musical ás películas de terror e ciencia ficción de Serie B.

Nela, unha parella recén prometida vése obrigada a pasar a noite na mansión do Dr. Frank-N-Furter trala avaría do seu coche. Alí asistirán a unha reunión con motivo da derradeira creación do doutor, a criatura Rocky Horror, o home perfecto, cuio medio cerebro pertencía a un delincuente xuvenil.

Protagonizada por Richard O' Brien, Susan Sarandon, Tim Curry, Meat Loaf e Patricia Quinn, o film adapta o musical para teatro de igual nome, composto polo mesmo Richard O' Brien, que segue representándose con gran éxito por todo o mundo.

Tras máis de 45 anos, o film desfruta do status de película de culto, e cada proxección hoxe en día convértese nunha festa na que os espectadores acuden disfrazados e cantan as cancións do film.

Nada na escea teatral underground, a traslación ao cine buscaba ese mesmo público, ávido de propostas pouco convencionais e persoaxes alonxadas de estereotipos. No seu momento foi un fracaso crítico e comercial, pero ano tras ano é vindicada pola súa celebración da Serie B, polas súas persoaxes freaks, a estética glam-rock-drag-terror, o triunfo do espíritu queer e a súa celebración da liberdade e a sexualidade... todo isto cun guión hilarante e divertidisímo e unha colección de cancións e números musicais que son un referente cultural hoxe en día.

Neste día no que celebrar a liberdade de ser e amar como cada un desexe, esta película é a elección perfecta para unha noite de cine...

Feliz día do Orgullo LGTBI... Desfrutádea.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso