Luns de Serie B: Hace un millón de años - 12/07/2021

 



Benvidas ao Luns de Serie B!! Hoxe temos un plan prehistórico!!

Producida pola Hamner en 1966, "Hace un millón de años" (One Million Years B.C. , Don Chaffey) é considerada unha rara avis dentro do catálogo de terror da productora británica, sendo un gran éxito comercial e inaugurando o subxénero de aventura prehistórica que tantas alegrías deu aos afeccionados aos dinosauros da época.

Esta delirante aventura que mezclaba sen miramentos (nin rigor científico) seres humanos primitivos coas bestias prehistóricas, decantábase pola fantasía para propoñer ao espectador puro cine de entretemento, sen máis obxecto que asombralo coas novas creacións do mestre dos efectos especiais Ray Harryhausen.

Hoxe en día, o emprego abusivo de CGI só fai que apreciemos máis as criaturas de Harryhausen, vivas e dinámicas, imperfectas, pero cheas de maxia e beleza.

Como dicíamos antes, non pode calificarse doutro xeito que delirante a trama que nos presenta o film: o clan humano da Rocha, rudo e violento, sobrevive coma pode nesta paraxe chea de perigos, e o noso protagonista, expulsado dél, é salvado por unha muller do clan da Ostra, moito máis evolucionado. Xuntos enfróntanse non só aos terribles animais prehistóricos, senón á rivalidade entre os dous clanes.

Mentiríamos se non dixéramos que o éxito da película (e o maior reclamo publicitario do film) débese á suxerente aparición da belísima Raquel Welch e o seu bikini prehistórico. Toda unha revolución nos 60, que deixaba en segundo plano as marabillosas maquetas de Harryhausen, os fantásticos paisaxes naturais das Illas Canarias... e o estrafalario do guión sen diálogos, as barbas postizas, os calzoncillos baixo os taparrabos e un longo etc

Cabe destacar as conseguidas esceas de acción entre humanos e dinosauros, aos que Harryhausen conferiu realismo con detalles tan coidados coma o movemento da cola, a respiración ou o parpadeo dos ollos.

Se sodes, coma nós, amantes das películas de aventuras sen complexos e con dinosauros, desfrutaredes coma nenos deste film. Vémonos o vindeiro luns, Serie B forever!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso