Luns de Serie B: Plan 9 del espacio exterior - 19/07/2021

 




Benvidos a un novo luns de Serie B... hoxe non vos defraudaremos!!

Chegou o momento de falar da "Peor Película da Historia", así, en maiúsculas: "Plan 9 del espacio exterior" (Plan 9 from Outer Space, 1957), dirixida por Edward Davis Wood Jr, ou coma sempre será recordado, Ed Wood.

Antes de falar das virtudes (e moitos, moitos, moitos defectos) do film, vos propoñemos a sinopse: unha parella múdase a unha casa preto dun cemiterio, no que axiña serán testigos de fenómenos estranos. ¿O motivo?, unha raza alieníxena pretende invadir o planeta Terra usando o plan 9: a resurreción dos mortos para formar un exército. A parella, a policía e o exército tratarán de impedilo.

Cando acabedes de rir continuamos.

Ben, situémonos. Son os anos 50, e a febre pola ciencia ficción e o terror fan que moitos films do xénero convírtanse en éxitos de taquilla. Ed Wood, que leva anos dirixindo películas de baixísimo presuposto e calidade (a denominada Serie Z, xa podedes imaxinar), ve a oportunidade perfecta para por fin triunfar coma director e guionista.

O resultado, cun presuposto de 60.000 dólares e protagonizado polos seus habituais Tor Johnson (loitador sueco reconvertido en actor), Maila Nurmi (Vampira, persoaxe creado para a TV), Paul Marco (amigo do director), Criswell (unha especie de futurólogo tipo Rappel da época)... e Bela Lugosi, o inesquecible actor húngaro que dera vida a Drácula nos anos 30, amigo e ídolo do director, que morreu antes de rodar o film e que aparece nel mediante esceas grabadas anteriormente na vida cotiá do actor e usando un dobre coa cara tapada o resto da película. Sí, tal como oides.

Voltando á película, é considerada dende a morte de Ed Wood en 1978 coma a peor película da historia, aínda que vos aseguramos que hai moitas peores na actualidade. En perspectiva, debemos recoñecerlle unha paixón inabarcable polo cine. É imposible non sentir agarimo pola falta de talento dos implicados no film, onde os fallos de racord, os diálogos de besugo, ou os cambios de falsos escenarios non son tan chamativos coma as "actuacións" do reparto.

Durante 79 minutos, pasamos da incredulidade, ao estupor, á vergoña allea, rimos a gargalladas... ¿que máis queredes nunha película?. Ademáis, a rodaxe e a vida do director deron lugar á mellor película de Tim Burton: Ed Wood, a cal vos recomendamos encarecidamente para desfrutar aínda máis da historia desta película e o seu director.

O vindeiro luns haberá máis Serie B, desfrutade do cine e do verán!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso