Luns de Serie B: Freaks, la parada de los monstruos - 31/05/2021

 




Hoxe no luns de Serie B traémosvos unha das máis importantes películas da Historia do Cine: "Freaks, la parada de los monstruos" (Tod Browning, 1932).

Tras dirixir "Dracula" con Bela Lugosi en 1931, a MGM contratou a Browning para rodar unha longametraxe sobre os circos de fenómenos e as persoas que se gañan a vida neles, consideradas pouco máis ca monstros (os "freaks" do título).

Por vez primeira, serían os auténticos fenómenos de circo quenes actuarían nas persoaxes principais, facendo moitos deles de sí mesmos (as siamesas Hilton, os ananos Harry e Daisy Earles, a muller sen brazos Frances O' Connor, o medio-home Johnny Eck, a serpe humana Prince Radian...), causando un gran escándalo na rodaxe da época. Trala súa estrea e sonoro fracaso crítico e público, o film chegou a estar censurado en EE.UU. durante máis de 30 anos, converténdose nunha película lexendaria e de culto.

O film conta a historia do circo liderado por Hans, un home anano que hereda unha fortuna, e Cleopatra, unha bela trapecista que trata de seducilo para quedarse o diñeiro. Cando as mentiras e a traición saen á luz, o resto de freaks rebelaranse e buscarán vinganza contra ela.

A película fala da maldade inherente ao ser humano, que pode estar oculta baixo a beleza natural, mentres que moitas veces os chamados monstros polo seu aspecto físico posúen valores tales coma o respecto, a empatía, o cariño ou a protección dos seus iguais: atacar a un, significa atacalos a todos.

O gran valor de "Freaks" é mostrar, dentro do discurrir da historia, situacións da vida cotiá onde vemos a capacidade para superar obstáculos (tanto físicos coma sociais) do marabilloso reparto do film. Todo o que amosa a película está rodado polas persoas que sufrían ditas malformacións ou enfermidades, resultando aínda hoxe estremecedora.

Se a vedes por primeira vez, quedarásevos marcada a lume na memoria, e recoñeceredes nela esceas que deron lugar a multitude de referencias e homenaxes.

Vemonos o vindeiro luns, e recordade... Gooba Gabba, Gooba Gobble, one of us, one of us...


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso