Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021
Este primeiro Luns de Serie B de agosto traémosvos un clásico da ciencia ficción estadounidense, "Planeta Prohibido" (Forbbiden Planet, Fred M. Wilcox).
Do ano 1956, "Planeta Prohibido" supón a primeira superproducción da historia de ciencia ficción, cun presuposto de case 2 millóns de dólares da época. Protagonizada por Walter Pidgeon, Anne Francis, Frankie Darro e un xovencísimo Leslie Nielsen, a trama do film baséase na obra "La Tempestad" de William Shakespeare... levada ao terreo da sci-fi, claro.
Nela, unha nave espacial viaxa ao planeta Altair IV no século XXIII para investigar o sucedido cunha expedición enviada anos atrás. Ao chegar, o comandante e a tripulación son recibidos por un robot que os leva ante o Dr. Morbius, científico da expedición orixinal. Únicamente él e a súa filla Altaira sobreviviron ao ataque dunha misteriosa "forza planetaria"...
O film, pioneiro en diferentes aspectos e tramas da sci-fi, coma os viaxes espaciais á velocidade da luz, foi o primeiro en desenvolver por completo a súa trama no espacio exterior, e o primeiro en dotar con personalidade propia a un robot.
Producido pola MGM e filmado por completo en sets e decorados interiores que ocupaban case 8000 metros cuadrados, os seus innovadores efectos especiais incluían o robot "Robby", pistolas láser, un vehículo eléctrico, a construcción de 3/4 da nave do film e o vestiario "futurista" das persoaxes.
Coma anécdota, a minifalda da protagonista feminina do film provocou que a película tardase máis de 10 anos en estrearse en España debido á censura.
A súa influencia exténdese polo cine de ciencia ficción das décadas seguintes, e o American Film Institute considera "Planeta Prohibido" unha das 10 mellores películas de ciencia ficción da Historia, e en 2013 foi seleccionada polo Rexistro Nacional do Congreso dos EE.UU. para a súa preservación.
Unha película que conseguiu que moitos estudios comezasen a apostar polo xénero tras a súa estrea... e nós encantados!!
Esperamos que a desfrutedes tanto coma
nós... vémonos o vindeiro luns de Serie B!!




Comentarios
Publicar un comentario