Luns de Serie B: La Tierra contra los platillos volantes - 17/05/2021

 



Hoxe, nas nosas recomendacións de Luns de Serie B, recuperamos un dos clásicos da ciencia ficción dos anos 50: "A Terra contra os platillos voantes" (Earth vs the Flying Saucers, Fred F. Sears, 1956).

O doutor Marvin dirixe unha operación que envía cohetes á atmósfera para probas de futuros voos espaciais. Sen embargo, estos son interceptados por unha civilización alieníxena que inicia un ataque sobre varias cidades na Terra... O doutor Marvin e a súa esposa Carol deberán atopar a forma de detelos antes de que sexa demasiado tarde.

Protagonizada por Hugh Marlowe y Joan Taylor, e con secundarios coma Donald Curtis ou Morris Ankrum, o film é recordado sobre todo polos efectos especiais do mestre Ray Harryhausen, xenio do stop-motion, nunha das súas primeiras películas. Para recrear as naves alieníxenas, Harryhausen construiu sete platillos de diferentes tamaños (entre 30 e 8 cm) que formaron o "exército" que vemos na película.

Considerada un dos máximos exponentes da sci-fi dos anos 50, a temática do film e as secuencias de ataque e destrucción de edificios emblemáticos influenciou a decenas de films posteriores, sendo considerada hoxe unha película de culto.

Esperamos que desfrutedes dela, e vos agardamos o luns próximo con máis recomendacións de serie B!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso