Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021

 




Benvidas e benvidos á nosa proposta para comezar a semana do mellor xeito posible… Os luns de Serie B son menos luns!!

Hoxe, sen movernos da década dos 50 (canto e bó hai nela para a serie B), sí que viaxaremos a un novo país para traervos unha das películas que ten a honra de inaugurar un xénero propio… e dos nosos favoritos ademáis!!

Se dicimos “Japón bajo el terror del monstruo” (Gojira, 1954, Ishirô Honda) lóxicamente moitos saberedes de qué falamos… pero se gritamos: GODZILLA!! todo o mundo sabe que está a piques de presenciar unha titánica loita na que medio Xapón (ou EE.UU. últimamente) veráse arrasado pola loita entre monstros xigantes, e na que moi pouca xente morrerá.

Deixando de lado polo momento a vertiente irónica do lagarto radioactivo máis querido polos fans de medio mundo, o film que nos ocupa supuxo tal impacto na cinematografía xaponesa e mundial que, a piques de cumprir 70 anos, non deixan de estrearse novas películas protagonizadas por Godzilla e demáis fauna amiga e inimiga.

Godzilla, (Gojira, a unión das palabras “gorira” (gorila) e kujira (balea) en xaponés) nace na productora Toho tras o enorme éxito colleitado no país do sol nacente da película “El monstruo de los tiempos remotos” en 1953, unha das nosas vindeiras recomendación.

A diferencia do film americano, onde os efectos especiais estaban realizados en stop motion polo xenio dos efectos especiais Ray Harryhausen, na película de Honda optaron por crear maquetas da cidade de Tokio e un vistoso traxe de monstro que vestiría Haruo Nakajima.

A historia, que narra a aparición dun monstro xigantesco en Xapón capaz de moverse por mar e terra, froito dunha mutación debida á radiación atómica e que destrúe ao seu paso ciudades enteiras, é coñecida por todos. Nembargantes, hai algo que diferencia á primeira aparición de Godzilla do resto de películas da saga, dos seus remakes e do xénero que creou: as Kaiju Eiga, literalmente, películas de monstros, onde dous ou máis destes seres líanse a tortas por medio mundo coa raza humana coma espectadora.

Ese algo que a diferencia pode resumirse en dúas verbas: tono e trasfondo.

O film que nos ocupa traslada o medo, a impotencia, o terror e a desolación do pobo xaponés trala II Guerra Mundial e a catástrofe humanitaria que supuxo o lanzamento das bombas atómicas en Hiroshima e Nagasaki por parte dos EE.UU. O trasfondo da película amosa a pérdida de vidas humanas e dos seres queridos: pais, nais, irmáns, amigos… o monstro é un vehículo fantástico que simboliza un medo moi real e moi recente.

Un trasfondo terrible, narrado cun tono case lóbrego que non se atopa no resto de películas da saga ou similares. As pérdidas humanas, o medo que senten as víctimas indefensas ante o monstro represéntase a través das expresións faciais e os xestos dos actores principais e secundarios, como dicíamos, nun tono profundamente triste e pesimista. Tamén hai sitio no film para a crítica da guerra, do capitalismo, da carreira armamentística… incluso para a defensa do medio ambiente e o ecosistema terrestre.

Unha auténtica obra mestra que, esta vez dende a outra punta do globo, trascendía o seu xénero para falar de medos moi reais. Agardamos que a desfrutedes e que, máis alá dos monstros creados polo cine, descubrades os monstros que se agochan no ser humano.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Ponencia: "A maxia do cine: ¿por qué nos emocionan as películas" por Anabel Valera Formoso