Luns de Serie B: Planeta prohibido - 02/08/2021

Este primeiro Luns de Serie B de agosto traémosvos un clásico da ciencia ficción estadounidense, "Planeta Prohibido" (Forbbiden Planet, Fred M. Wilcox). Do ano 1956, "Planeta Prohibido" supón a primeira superproducción da historia de ciencia ficción, cun presuposto de case 2 millóns de dólares da época. Protagonizada por Walter Pidgeon, Anne Francis, Frankie Darro e un xovencísimo Leslie Nielsen, a trama do film baséase na obra "La Tempestad" de William Shakespeare... levada ao terreo da sci-fi, claro. Nela, unha nave espacial viaxa ao planeta Altair IV no século XXIII para investigar o sucedido cunha expedición enviada anos atrás. Ao chegar, o comandante e a tripulación son recibidos por un robot que os leva ante o Dr. Morbius, científico da expedición orixinal. Únicamente él e a súa filla Altaira sobreviviron ao ataque dunha misteriosa "forza planetaria"... O film, pioneiro en diferentes aspectos e tramas da sci-fi, coma os viaxes espac...