Presentación do libro Os Cines Perdidos de Narón

O pasado 4 de maio presentamos o libro "Os cines perdidos de Narón".

Eco do latexo cinematográfico de Narón (dende 1934 ata 1990) e editado polo Concello, daba o pistoletazo de saída á exposición que se inauguraría o mércores 5 de maio no Pazo da Cultura de Narón.

Con material dos dez cines que chegaron a funcionar na nosa cidade, a obra e a mostra foron presentadas pola Alcaldesa, Marián Ferreiro, acompañada polo Edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o autor da publicación e comisario da exposición, Benjamín Hermida, quen é técnico en Museoloxía, conservación e xestión de museos, ademáis de fundador e Vicepresidente do noso Cineclube.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Luns de Serie B: Los ojos sin rostro - 05/07/2021

Exposición: «Os Cinemas Perdidos de Narón»

Luns de Serie B: Japón bajo el terror del monstruo - 21/06/2021